Labirinto, o pasatempo

AG.- Cando me propuxeron colaborar no suplemento de pasatempos Elemental de La Voz de Galicia, pedíronme que crease algún xogo orixinal, un enredo feito ex professo para a publicación. Daquela, recuperei unha vella idea, moi sinxela, que me daba voltas pola cabeza. Nunha grella fun escribindo, letra a letra, un enunciado (ben un refrán popular, ben unha cita célebre). Iso si, facendo un camiño con moitas reviravoltas (non no sentido convencional de escritura).

O pasatempo consiste en, a partir do punto inicial e do primeiro paso (sinalados), percorrer o «labirinto» completo ata reconstruír letra a letra esa oración. Só hai movementos en vertical ou horizontal, nunca en diagonal.

Es quen de descubrir neste labirinto o refrán galego que contén?

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *