Hábitos de consumo musical.

AG.- Este período excepcional, no que a nosa forma de consumir se ve alterada de xeito radical, é un bo momento para reflexionar sobre os nosos hábitos relacionados coa música que escoitamos, coa forma como accedemos a recursos sonoros, con como nos afecta e inflúen os produtos culturais que consumimos.

Debemos ficar na casa e iso pode ser unha oportunidade para achegármonos á música dun xeito diferente, escoitando aquel vinilo que a miña nai garda con cariño, ordenando os meus discos, clasificando as músicas que teño no ordenador, accedendo a iniciativas creativas dalgúns artistas con motivo do estado de alarma, facendo novas listas de reprodución en Spotify…

Esta actividade que vos propomos supón unha investigación ao noso redor sobre a maneira como consumimos a música hoxe en día pero tamén unha reflexión acerca do que gañamos, do que perdemos, do que deberíamos rescatar e do que deberíamos explorar.

Facilitámosvos un formulario elaborado por alumnado de 4º de ESO. Trátase apenas unha base sobre a que facer un traballo de investigación máis amplo. Podedes pasarvos a enquisa entre todo o grupo ou ben facerlla chegar a familiares, amizades, etc. Coas conclusións que tiredes pódese preparar un artigo para a revista do instituto, para a radio escolar ou para presentar na clase ao rematar a corentena.

Se che apetece tamén podes cubrir o cuestionario e con todas as respostas colgaremos os resultados dos hábitos musicais do público de Aulas Galegas.

José Pumar Armada

 

 
 


2 thoughts on “Hábitos de consumo musical.

    • 26 Marzo 2020 ás 11:56
      Permalink

      Alegrámonos de que fose do teu interese Eva!!

      Moitas grazas!!

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *