Eu teño, quen ten?

AG.- Hoxe a mestra Kelly Picos proponnos un xogo para traballar cos céntimos de euro! Estades list@s?

No ficheiro que nos achega hai unha totalidade de 42 cartas. Poden ser impresas, pero tamén podedes copialas en papel ou facer as vosas propias tendo estas como modelo!

Agora que xa temos as cartas, como xogamos? Kelly explícao así:

  • Repartiranse as cartas entre os distintos participantes, polo que cada xogador/a pode ter máis dunha carta.
  • Non hai carta inicial. Pode comezar calquera carta.
  • O participante que dá comezo ao xogo pregunta quen ten a seguinte cantidade de céntimos (os que che di a carta).
  • O resto dos participantes miran as súas cartas e quen teña esa cantidade entrega a carta e procede a preguntar pola seguinte cantidade.

Aínda que esta é unha maneira de xogar, non é a única! Ocórresevos algunha máis? Somos todo oídos! 😉

Foto de Negocios creado por freepik – www.freepik.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *