Esta vai de Dilemas Morais!

AG.- Deixamos aquí un dilema moral inspirado Nun inimigo do pobo de Ibsen para que penses e repenses e tolees repensando! Non hai mellor maneira para exercitar o cerebro!

Unha pequena vila recibe visitas de centos de persoas que acoden a probar as augas consideradas milagreiras desde hai moitos anos. Unha vella lenda asegura que a fonte de onde proceden as augas abrollou nunha rocha con ocasión da aparición da Virxe a un grupo de nenos.

Ao redor desa lenda, construíuse un gran balneario que administra a distribución da auga da fonte e é o principal reclamo económico da vila, pois a auga é tamén embotellada. A análise científica das augas nunca puido probar os seus efectos medicinais e por outra banda os casos de aparentes curacións milagreiras son escasos e controvertidos. Iso non impide que as xentes sigan acudindo e como as análises tampouco detectan ningún problema, ninguén se opón ao aproveitamento mercantil e turístico relixioso.

Mais no último ano as novas análises detectan unha grave contaminación das augas e a oficina técnica encargada emite un informe recomendando que se deixe de explotar. Cando iso é coñecido polas autoridades da vila, presionan a oficina para que o informe non se faga público, aducindo dous tipos de razóns: a primeira, que os intereses económicos da vila se verían gravemente afectados; a segunda, que, como eles son crentes, non están dispostos a atribuír a ningún informe técnico un valor superior á acción santificadora da Virxe.

Debe aceptarse que os dous argumentos teñen igual valor? 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *