Escoitar podcast de ciencia en galego: Efervesciencia

AG.- Sabes que no teu móbil tes un feixe de historias agardando por ti para que escoites cos teus cascos? Son os podcast: historias para os teus oídos.

Para escoitar un podcast só necesitas empregar unha aplicación. Hai moitas opcións. As clásicas son Apple Podcast (vén de serie nos dispositivos Apple) e GooglePodcast. Spotify está apostando agora moi forte polos podcast. En Ivoox podes atopar unha importante comunidade de podcast en español. Outras aplicacións poden ser Spreaker ou Pocket Casts, pero hai moitas máis.

Efervesciencia é o programa de divulgación científica da Radio Galega. Está producido pola USC co apoio daFECYT- Ministerio de Ciencia e Innovación. Cada semana traemos a investigadores de todas as áreas do coñecemento para que nos conten os seus traballos. Tamén facemos ficcións sonoras, contamos cun grupo de colaboradores de primeira, entre os que se atopa a “Avoa de Einstein”.

En calquera das aplicacións mencionadas podes escoitar os programas completos de Efervesciencia ou fragmentos. Para que nos atopes rapidamente estes son os enlaces directos en diferentes plataformas: ApplePodcast, Spotify, Ivooxe Spreaker

Velaquí os nosos últimos programas:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *