En que lugar nos atopamos se…?

AG.- Hoxe Sandra proponnos unha actividade para traballar diversas áreas da mente: atención, percepción, velocidade de procesamento, orientación… Todo isto a través dunha viaxe que imos facer a algúns dos lugares máis coñecidos de Galicia. A actividade vai dirixida aos maiores e ás súas familias, pódese facer unha adaptación dela en función das habilidades da persoa.

A continuación mostraranse diferentes lugares de Galicia, tedes que recoñecelos, situalos no mapa e nomear as características máis salientables deles. Ao final de cada imaxe darásevos a resposta correcta e unha pequena explicación do lugar. Podedes ampliar a actividade propoñendo novas cuestións:

  • Estivestes neste lugar?
  • Cando foi e con quen fostes?
  • Cantos días estiveses e que visitastes?
  • Gustaríavos coñecelo en caso de que non forades?

Para descargar a actividades podes premer aquí.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *