Desmos no ensino da Física: Tiro parabólico

AG.-

Moisés López Caeiro, profesor de Física e Matemáticas de Bacharelato no Colexio Santa María do Mar, preséntanos unha serie de simulacións interactivas de Física e de Matemáticas que serven tanto para facer unha demostración maxistral como para que o alumnado interaccione e manipule as condicións do simulador e así experimentar distintas situacións.

Utilizando o programa Desmos, unha calculadora gráfica que permite observar funcións e o seu comportamento no plano cartesiano de acordo ao valor das variables, podemos ensinar dun xeito máis interactivo temas como a Mecánica e Ondas  en  Física  ou o bloque de Análise, ou  Estatística en Matemáticas, entre outros.
Desde Desmos pódese conseguir, ademais da ligazón, o código para incrustar (embed) nunha web e despois manipular o código (tamaño en píxeles, etc.)
Non hai perigo de que se borre ou modifique a versión orixinal e o alumnado si poderá facer copias e modificalas desde unha conta propia  do simulador Desmos.
Comezamos co tiro parabólico:
Nesta simulación poderase experimentar tanto co tiro horizontal como co tiro parabólico.
O simulador permite configurar a velocidade inicial (módulo) e o ángulo de lanzamento (arrastra o punto de cor violeta).
Verase unha representación en tempo real da traxectoria, o alcance máximo e a altura máxima do lanzamento.
O botón laranxa permite configurar o intervalo de tempo tempo representado (densidade de puntos negros co dato do tempo).
Debaixo da gráfica pódese ver o vector de posición e o vector velocidade en cada instante.
Sobre a pelota de baloncesto veremos unha descomposición vectorial do vector velocidade.
Ademais, podemos confirar todo tamén desde a área da esquerda, incluída a velocidade de reprodución da animación (deslizador t1).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *