Dálles ás finanzas mentres repasas portugués… coa influencer Nath Finanças!

AG.- Unha moza brasileira está a causar sensación nas redes a través da súa canle en Youtube de… finanzas! Faise chamar Nath Finanças e con ela podes aprender conceptos e utilidades cotiás no eido financeiro, de forma divertida, actualizada e moi visual.

A iniciativa de Nath Finanças está a xerar moito ruído no Brasil: de xeito sinxelo e transparente, facilita o achegamento a conceptos e información de utilidade que non sempre é accesible aos colectivos máis vulnerables. De feito, a promotora da iniciativa defínese como criadora de conteúdo sobre educação financeira para baixa renda. Un bo uso das redes sociais 🙂

Entra na súa canle e bota un ollo. Tamén podes seguila en Instagram e Twitter.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *