Creador de historias

AG.- Para aprender os elementos da narración podemos propoñerlle ao alumnado que constrúa historias, unha actividade que, ademais, se pode facer de xeito cooperativo. Velaquí dúas actividades:

Opción 1: En grupos empregamos a seguinte ilustración, adaptada ao galego a partir dun traballo de Nacho Verdejo. Logo, podemos pedirlles tamén que poñan o resultado da súa historia por escrito.

Opción 2: Empregamos as tarxetas das funcións de Propp. Primeiro pedímoslle ao alumnado que as coloque por orde, construíndo tres fileiras: introdución, nó e desenlace. Cada grupo debe inventar un heroe/heroína, un antagonista, un espazo e un lugar. En grupos de catro, pero en quendas individuais, van retirando unha carta en cada quenda. O número de cartas que teñen que retirar de cada fileira (introdución, nó, desenlace) depende do longa que queirades facer a actividade). Un mozo/a comeza a historia e os seus compañeiros/as continúan a acción en función da función que lles toque.

Podes descargar as tarxetas aquí.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *