Compás caseiro para manter o demogorgon confinado

AG.- Desde o Club de Ciencia do IES Ortigueira a profe Patricia Hermida proponnos este divertido xogo e proxecto, ideal para apaixonad@s da serie Stranger Things.

Capítulo 5. A pulga e o acróbata. Tempada 1
Tras o funeral de Will Byers, os rapaces preguntan ao señor Clarke sobre a posible existencia de dimensións paralelas, o profesor explícalles que, para que iso fora posible, se necesitaría unha gran cantidade de enerxía para crear un portal que permitise aos humanos acceder a outras dimensións. Se isto sucedera, esta enerxía podería alterar os campos magnéticos confundindo calquera compás e, polo tanto, seguindo o Norte de calquera compás poderían atopar o portal.

Sigue as instrucións para atopar o portal oculto, pechalo e manter o demogorgon confinado!!!
Para xogares coa túa familia, tedes que ter un compás e un de vós debe elaborar un mapa de pasos que oculte o portal, por exemplo:

  • Avanza 3 pasos cara ao sur.
  • Xira 90 graos á dereita.
  • Anda 20 pasos cara ao leste.
  • Estás diante do portal!

Que vos parecería facer o voso propio compás?

Material

  • 1 agulla
  • 1 imán
  • 1 recipiente fondo
  • agua
  • 1 tapón de cortiza

Pasos
Collemos a agulla e fregámola unhas 50 veces nunha soa dirección cun dos polos do imán. Por outra banda, enchemos o recipiente con auga e deixamos flotar o tapón nela. Con moito coidado, centramos a agulla na cortiza e fixámola cun anaco de cinta adhesiva. Xa temos rematado o noso compás caseiro.
A auga prové unha superficie case sen fricción que lle permite ao corcho xirar ata que o polo norte da agulla (o burato) apunte cara ao polo norte magnético. Se se frota a agulla co imán na outra dirección, será a punta a que sinale o norte.
Para probar a súa eficacia, podemos acercar o imán á agulla e veremos como xira ao verse atraída por el.

Explicación
Ao frotar a agulla cun dos polos do imán, esta magnetízase e comeza a repeler os polos con distinto signo ao seu e atraer os do mesmo. É por isto que, mentres non hai ningunha interferencia, a agulla sempre apuntará ao Norte da Terra.
A Terra é, no fondo, coma un xigantesco imán. O seu norte magnético permitiunos crear compases cos que orientarnos no espazo dende hai milleiros de anos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *