Atréveste cun trabalinguas?

AG.- A orientadora Irene Fariña proponnos este reto: dicir sen trabucarse o trabalinguas que aprendeu do seu avó Claudio. Podedes escoitalo na voz de Dani, o seu bisneto.

Deixámosvos o texto e mais un audio para que poidades escoitar a entoación e o sotaque transmitido de xeración en xeración nesta familia de Bueu.

Nota: debedes recitar o trabalinguas con gheada e seseo.

O vello revello sapatandello

Érase unha vez un vello revello sapatandello

que foi ao monte remonte sapatandonte

e detrás dunha pedra revella sapatandella

encontrou un cuíño rebiño sapatandiño.

Levouno á casa rebasa sapatandasa

díxolle o vello á vella revella sapatandella:

”Toma este cuíño rebiño sapatandiño

e bótao na olla rebolla sapatandolla,

que eu vou á misa remisa sapatandisa

e logo veño.

Ten cuidado co gato rebaso sapatandaso

non che leve un pedazo”.

Ao vir da misa remisa sapatandisa

díxolle o vello á vella revella sapatandella:

”Onde está o cuíño rebiño sapatandiño?”

”O cuíño sapatandiño levouno o gato rebaso sapatandaso.”

ME CAGO NO GATO REBASO SAPATANDASO, SE VOU ALÍ DOULLE UN

PAUSASO.


4 thoughts on “Atréveste cun trabalinguas?

  • 20 Maio 2020 ás 12:27
    Permalink

    Pareceume un pouco difícil pero divertido.

    Resposta
    • 21 Maio 2020 ás 16:04
      Permalink

      As cousas difíciles fan que lle poñamos máis impetu 😀 grazas por comentar. Saúdos

      Resposta
    • 25 Maio 2020 ás 18:38
      Permalink

      niso consisten os trabalinguas 🙂 Practícao un pouco, xa verás como cada vez che sae mellor. Saúdos 😀

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *