Aprendendo sobre forzas

Para ir repasando o tema de Dinámica en 4º de ESO e 1º de Bacharelato podemos entrar na excelente páxina de simulacións da Universidade de Colorado PhET .

Premede na imaxe para entrar na lapela de Introdución de Forzas e tenta resolver:

 Pantalla “Forza neta”: realiza unha lista de regras para predicir que equipo gañará.

Pantalla “Movemento”: determina a masa do obxecto misterioso.

Pantalla “Fricción”: Compara a forza de fricción e a forza aplicada antes de que o obxecto se mova e cando o obxecto se está movendo.


Un comentario en «Aprendendo sobre forzas»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *