Aprende a facer madalenas!

AG.- Da man de Bolboretas no bandullo traemos unha receita de madalenas !

Madalenas de cabaciña

Fonte:Bolboretas no Bandullo

Ingredientes:

  • 1 cabaciña grande
  • 1/2 cebola
  • 2 ovos
  • 4 culleradas de pan relado
  • 60-70 g de queixo relado
  • Pementa moída
  • Sal
Utensilios: moldes para madalenas, unha cunca, unha picadora (ou un relador) e unha espátula.

Elaboración:

Para comezarmos, temos de relar ou picar a cabaciña e a cebola.

Agregamos os dous ovos.
E, tamén, o pan relado.
De aquí, apartamos tres madalenas para o peque da casa ;).
Para nós, engadimos o queixo e salpementamos ao noso gusto.
Cubrimos os moldes para as madalenas. Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 25 minutos, ou até que vexades que están dourados.
Desmoldamos e xa estarían listos para comer!

A COMER  CON BOLBORETAS NO BANDULLO!

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *