Adaptar unha canción de karaoke con letra propia

AG.- Estes días, nos que temos que ficar na casa, Manolo Maseda sinala que a mellor menciña para superar o confinamento é a creatividade. Así pois, deixámosvos as instrucións para, se vos presta, facer un videoclip sinxelo coas crianzas.

Precisades un programa gratuíto para editar o audio, como AUDACITY (https://www.audacityteam.org/), escoller unha canción que vos preste en karaoke e darlle ao maxín para facer unha letra creativa.

Posteriormente, importades a canción ao audacity e gravades a voz por riba cun micro (canto mellor sexa o micro, mellor será a calidade, pero lembrade que o importante é a creatividade).

Unha vez mesturada, exportades a canción e a gravar! Podedes realizar un vídeo de plano único, gravado co móbil e así non tedes nin que editar. Se pola contra preferides editar o vídeo tamén hai ferramentas libres
como Shotcut moi xeitosas.

Aquí vos deixamos un titorial das artistas da Illa Bufarda sobre esta ferramenta.

Finalmente, achegamos un video realizado co alumnado de Imaxe e Son do IES Maximino Romero de Lema de Baio cunha canción de ZAZ que forma parte do proxecto “Ao Son do Rural”, moi acaído nestes días nos que está aberto o debate entre vivir o confinamento na aldea ou na cidade.

aosondorural.wordpress.com


2 thoughts on “Adaptar unha canción de karaoke con letra propia

    • 14 Abril 2020 ás 18:25
      Permalink

      Alegrámonos de que gustara a proposta!!

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *