A voltas co reloxo!

AG.- Ola a tod@s! Hoxe traemos unha actividade para practicar un pouco as horas no reloxo analóxico. Xa sabemos que ás veces as agullas parecen rebuldar na esfera e non somos quen de dicir a hora exacta. Pois non vos preocupedes! Por aquí deixamos un resumo para que non teñades dúbidas (agulla das horas, dos minutos, en punto, e cuarto, e media, menos cuarto… ). Se vos gusta argallar e facer manualidades, podedes practicar neste modelo de reloxo.

Canto máis practiquedes, menos segredos co tempo!

arcoRiquiños cos seus reloxos

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *