A vida tradicional na aldea galega

AG.- Na páxina web de lingua e literatura ogalego.eu tamén temos recursos adaptables para as persoas maiores. Hoxe convidámosvos a realizar un test de 30 imaxes sobre a vida tradicional na aldea galega.

A través desta actividade traballaremos diversas áreas da memoria, pero especialmente a gnosia visual. E que é a gnosia? pois é a capacidade que ten o cerebro para recoñecer información previamente aprendida como poden ser obxectos, persoas ou lugares a través dos sentidos. A maiores tamén traballaremos o manexo das novas tecnoloxías!

Moito ánimo e gozade coa actividade premendo aquí.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *