A Sinfonía de Uxía

AG.- Nos concertos de Uxía Lambona e a Banda Molona, sempre se canta e baila en todas as cancións.  Hoxe propoñémosvos unha maneira distinta de gozar desta súper banda.

Coa canción  “Sinfonía de Uxía” poderás bailar, cantar e nas partes instrumentais tocar coa frauta do cole.  Para iso incluímos a partitura deste tema para que o poidas facer.  Xa verás como co que aprendiches de frauta no cole podes tocar.

Anímate, colle a frauta e despois de practicar un pouco, iso si, tócaa como se formaras parte da Banda!

Partitura


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *