A maxia das Matemáticas [1]

Elisa Costas convídate a gozar da maxia das Matemáticas.

Aquí vai un primeiro enredo:

A maxia da álxebra

O gran mago ordenoume:

    • Pensa nun número calquera.
    • Súmalle 3
    • Multiplica o resultado por 2
    • Réstalle 8
    • Divídeo por 2

Entón preguntoume: Canto che dá?

Eu contestei: Dáme 54.

El contestou, inmediatamente: O número que escolliches era o 55

En que consiste o truco do gran mago? Trata de traducir as ordes do gran mago á linguaxe alxebraica.

Por que non xogas agora ti a ser o gran mago? Atréveste a sorprender a túa familia inventando un exemplo parecido?

Agradecemos a Ana García Azcárate a cesión dos contidos da súa páxina web e do seu libro Pasatiempos y juegos en clase de matemáticas.


2 thoughts on “A maxia das Matemáticas [1]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *