A casiña do verán

AG.- Ola rapazada! Queda pouco para comezar as vacacións! Xa ole a verán! De seguro que tedes preparada a toalla e a roupa de baño, non si? Os días son máis longos, vai calor, pola noite pódense ver as estrelas… Por iso, a nosa proposta de hoxe é crear a vosa propia casa para o verán. Por aquí deixamos o paso a paso do noso modelo, pero seguro que podedes darlle unha voltiña e facela ao voso xeito (unha tenda de xeados, un taller de coches, un hotel cinco estrelas, etc).

Sacade todos os materiais, mans á obra e a construír!

ArcoRiquiños coas súas construcións.

2 comentarios en «A casiña do verán»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *