8M Coeducación

AG.- Desde a CIG-Ensino e a AS-PG achégannos o material Mulleres na vangarda. Tras a pegada das pioneiras galegas seguindo a súa liña de traballo a prol da coeducación. Nesta ocasión queren contribuír ao coñecemento e posta en valor de mulleres galegas que, agás casos contados, non recibiron o recoñecemento que merecereron polo feito de seren mulleres.

Este material foi contido dun curso a distancia no que se facía un achegamento a mulleres galegas que foron pioneiras en distintos ámbitos; desde a escritura ao activismo político, desde a arte á pedagoxía ou á ciencia. A autora do traballo é a xornalista Carme Vidal Laxe. Esperamos que a aproximación a estas pioneiras sirva para que desde o ensino poidamos achegar afectivamente e dar a a coñecer entre o alumnado estas silenciadas mulleres galegas.

Se picades na ligazón Pioneiras galegas ,podedes ver o pdf completo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *