Certames de curtas do real e do mediambiente, USC

AG.- O COVID fixo que se ampliasen os prazos de presentación de pezas audiovisuais a varios concursos. Poden ser moi útiles para traballar nas aulas os seguintes, convocados pola USC:

  • Cinema do Real, que ten de prazo o 16 de outubro do 2020 e como obxectivos:
    • Promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos novos valores do audiovisual galego.
    • Premiar as habilidades lingüísticas, técnicas e artísticas dos estudantes galegos.
    • Promover a análise da realidade galega a través do audiovisual.

  • Cambio Climático e nós, con prazo de entrega 15 de outubro e cos obxectivos de:
    • Conectar a USC coas novas xeracións, sensibilizadas co cambio climático.
    • Reflexionar sobre este fenómeno, as súas causas e consecuencias.
    • Dotar a mocidade de coñecemento, habilidades e motivación para comprender e abordar os obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) da Axenda 2030.
    • Fomentar a busca científica de alternativas e solucións, a eliminación de hábitos contaminantes e a investigación de fontes de enerxía menos contaminantes.
    • Atraer a participación do alumnado na actividade científica, usando a lingua galega de xeito natural e con formatos audiovisuais atractivos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *