8 de xuño, Día Mundial dos Océanos

AG.- Este 8 de xuño  celébrase o Día Mundial dos Océanos, que ocupan o 70 por cento da Terra e son amenazados polo cambio climático, a sobrepesca, a presenza de plásticos e a  explotación de petróleo.

Este ano o  lema  das Nacións Unidas enmárcase na  Axenda 2030 de desenvolvemento sostible,  e propón o tema da “Innovación para un océano sostible”.

O obxectivo é procurar a cooperación internacional para salvar o planeta a través dos avances científicos e tecnolóxicos para que  se logren os cambios que axuden a salvar ao planeta Terra. Unha das propostas é crear grandes reservas mariñas, zonas protexidas da pesca intensiva e doutros  tipos de explotación dos recursos naturais para axudar  a mitigar os efectos do cambio climático.

A ONU, xunto co Oceanic Global, organiza un evento en liña no que se presentarán  tecnoloxías e avances científicos que poderían aplicarse para minimizar  o  impacto do dano  que sofren os mares e os océanos.

Desde AG animámosvos a seguir estas conferencias, que son o preámbulo ao Decenio das Ciencias Oceánicas para o  Desenvolvemento Sostible  que estará activo do 2021 ao 2030,  para  fortalecer a cooperación internacional e desenvolver a investigación científica e as tecnoloxías innovadoras que poidan conectar a ciencia oceánica coas necesidades da sociedade e do planeta.

Premendo na imaxe podedes acceder aos eventos :

Galicia posúe o potencial científico necesario para impulsar e dinamizar a investigación, a docencia e a transferencia de coñecemento excelente nas ciencias e tecnoloxías do mar, tal como nos indica Daniel Rey, de Campus do Mar neste excelente artigo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *