Retos en familia: cubo de Rubik [I]

AG.- Seguro que moitas e moitos de vós tedes na casa este crebacabezas mecánico, chamado «cubo máxico» polo seu creador, o escultor e profesor de arquitectura húngaro Erno Rubik, alá polo ano 1974. Non foi ata 1980 cando se lle trocou o nome polo de «cubo de Rubik» e nese momento gañou o premio ao xogo do ano.

Agora, 40 anos despois, seguimos tendo este grande invento en moitas das nosas casas. Pois que mellor momento que esta corentena para aprender a resolvelo? É o método para principiantes (podedes chegar a facer o cubo completo en 1 minuto) desglosado en 7 vídeos en galego, que iremos compartindo diariamente para que a próxima semana todas e todos o teñades dominado. Sen máis, velaí vai o primeiro.

Un recurso creado por Javier Sordo Ferreiro. 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *