30 razóns para ler!

AG.- Ola a tod@s! Hoxe conmemoramos o Día do libro pola importancia que ten a lectura na vida de pequenos e maiores. A Biblioteca PdB comparte trinta razóns para ler, e pensamos que ben podería haber moitas máis. Poñédevos mans á obra! Todo vale, pero por aquí deixamos algunha idea:

  • Emprega os teus dotes artísticos e crea o teu propio cartel coas túas razóns.
  • Fotografíate dramatizando un motivo para ler.
  • Grávate explicando os teus “pensamentos lectores” e compárteos.

Probamos a chegar ás 1000?

Cartel Día do Libro 2016 da biblioteca Ponte dos Brozos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *