20engalego!

AG.-O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Carral achéganos esta actividade para despois do Día das Letras Galegas pois para eles, igual que para nós, son todos os días.

A idea é que participes do uso do galego: falando, escoitando, lendo, escribindo… A comunidade educativa do IES de Carral xa o fai, e vós, animádesvos a seguila?

Se picades aquí, tedes a ligazón externa.

 

Podedes enviarnos algún dos vosos resultados a aulasgalegaslinguagalega@gmail.com, partillar nos comentarios ou no Facebook co cancelo #artistasaulasgalegas, #aculturasegue.

Grazas ao EDLG de Carral por achegarnos este 20engalego.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *