Pasagalego de Fernández del Riego
AG.- Unha proposta máis para traballarmos o autor homenaxeado este ano no Día das Letras: Francisco Fernández del Riego.
Con datos tirados da súa biografía da Wikipedia e da Real Academia Galega, o alumnado de 3ESO do Fogar de Santa Margarida da Coruña preparou este pasagalego. A idea sería aproveitalo en niveis de ESO ou BACH, despois dun traballo de aproximación á vida e á obra de don Paco.
Para ese traballo previo, dispoñemos de variada bibliografía e pola rede tamén hai bos vídeos que poden servir. Por exemplo:
— Vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, producido polo Colexio San Pio X e o Seminario Galán.
— Héctor Cajaraville fala de Francisco Fernández del Riego.
— Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu (serie de vídeos da RAG).
Quen acerta máis respostas da rosca de 23 letras?