Autodefinido de Fernández del Riego

AG.- Un ano máis, aquí chega o autodefinido dedicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Desta vez, Francisco Fernández del Riego, figura senlleira da Galicia dos séculos XX e XXI polo seu labor no eido do ensaio, da edición e do activismo cultural e político.

O pasatempo ten no seu interior nove palabras clave relacionadas co perfil biográfico e literario de don Paco. Un recurso ideal para a ESO ou BACH. Por exemplo, durante unha sesión (en parellas ou grupos, mellor), se antes se fixo algunha presentación ou algún sinxelo traballo de investigación sobre a figura do autor de Lourenzá.

E nada de solucionario. A coller o lapis e espremer os miolos!

Autodefinido Fernández del Riego


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *