Voilà le printemps!!
Xa temos aquí a primavera e con esta actividade que vos teño preparado en Genially imos poder practicar vocabulario propio desta época do ano.
Cada palabra ten un apoio visual e algunha letra xa cuberta. Debedes encher todas arrastrando as correctas de entre as que se ofrecen en pantalla.
A continuación abonda con premer o botón de Comprobar e se hai letras incorrectas volverán ao seu lugar de inicio deixando novamente ocos baldeiros. Se, pola contra, tedes completado correctamente toda a palabra, veredes unha mensaxe que debedes premer para ir na procura da palabra seguinte.
Agora non tedes máis que premer a imaxe e a actividade abrirase nunha nova xanela.
À profiter!!
Graciñas por compartir o teu material Charo.
Quería preguntarche se este modelo de actividade o podoa topar nalgún lugar como reutilizable.
Moitas grazas!