Kahoot: «Quiz Día de Rosalía»

 

AG.- Estamos en febreiro e xa está máis cerca a celebración do Día de Rosalía. Irán aparecendo, como todos os anos, diversas propostas e recursos con este motivo. En Aulas Galegas compartimos esta pequena achega: o Kahoot «Quiz Día de Rosalía».

Un xogo ideal para poñermos a proba os coñecementos do alumnado sobre a vida e a obra da nosa poeta universal. Ideal para niveis de Secundaria e mesmo Bacharelato.

Esperamos que vos sexa útil de cara ao 23 de febreiro. E feliz Día de Rosalía!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *