Compléter le mot
AG.- Vai chegando o Nadal polo que preparei esta actividade coa que poderemos practicar o vocabulario desta festividade xogando.
Deberedes seleccionar as letras correctas para completar a palabra que designa a imaxe que se mostra e arrastralas ao seu lugar. Tedes unha letriña de axuda!!
Ao rematar premendo en “Comprobar” veredes se completastes correctamente a actividade. De ser así podedes premer e pasar á seguinte imaxe pero se é que non, as letras incorrectas desaparecen e xa podedes volver a intentar completar os ocos baleiros.
Ah, e tedes un botón de “reiniciar” polo que sempre podedes facer novamente a mesma actividade.
Agora, ao premer na imaxe, abrirase o xogo nunha nova xanela.