Atopa as diferenzas (edición Nadal)
AG.- De novo, unha contribución de Charo Vázquez Freire aos Enredos de Aulas Galegas. Desta vez, o clásico pasatempo de localizar as diferenzas. Aquí vos queda!
O mecanismo, ben sinxelo: compara as imaxes, localiza as 5 diferenzas (arrastrando os números) e, finalmente, comproba os teus acertos. Hai mesmo a posibilidade de acudir a pistas como axuda. Dispoñemos de oito fermosas estampas de Nadal para poñer a proba a nosa agudeza visual.
Graciñas polo traballo, Charo! Unha marabilla este Genially!