Somos Xogo e o seu concurso

AG.- Imperdoable que ata hoxe non coñecese somosxogo.gal. Unha verdadeira alfaia para quen comparta a arela de aproveitar o potencial dos recursos lúdicos no labor docente. Autodefínense así:

«Somos xogo busca difundir e revalorizar o xogo como importante compoñente do patrimonio cultural galego e alentar á creación de novos recursos lúdicos (xogos de mesa en galego) para promover o talento creativo das persoas e crear un repositorio de libre acceso de xogos de mesa en galego».

É un verdadeiro pracer divulgar este proxecto. Recomendamos facer un percorrido devagariño polas súas seccións: ludoteca, feira, escola

Pois ben, desde Somos Xogo convócase o concurso «Xoga en galego», un «certame de creación de xogos de mesa en galego para público infantil e familiar». Podedes consultar as bases aquí. Unha tarefa ben fermosa para traballarmos de maneira grupal e cooperativa, por exemplo, na área de Lingua Galega (se cadra, en coordinación con Ed. Plástica).

Veña! Animo! A crear novos xogos!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *