20 anos de Prestige
O barco Prestige cargado con 77.000 toneladas de fuel naufragou fronte á costa de Fisterra un 13 de novembro do ano 2002. Tiña unha rotura no casco e a carga comezou a súa vertedura ao mar. Logo da indecisión das autoridades sobre cal era a mellor estratexia para impedir que chegase a producirse un desastre medioamabiental, o barco rematou por partirse en dous e afundir 6 días máis tarde en alta mar a unhas 130 millas das nosas costas, uns 250 quilómetros.
Isto provocou non unha, senón ata 4 mareas negras, o chapapote emporcallou as nosas praias, matou a nosa fauna e trouxo unha traxedia económica e social á nosa poboación.
Este desastre ecolóxico chegou mesmo ás costas portuguesas e francesas.
Calcúlase o custo das consecuencias do naufraxio do Prestige en máis de 4.000 millóns de euros. Meditade un momento nesa cifra, neses cartos, dá vertixe, non si?
Creei este vídeo interactivo con información sobre esa catástrofe para que o lembremos e aprendamos desa tráxica experiencia. Nel atoparedes varias actividades para desenvolver.
Nunca Máis!!