Novembro: mes da Ciencia en Galego
AG.- O 10 de novembro foi declarado pola Unesco como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, por este motivo desde hai 11 anos o profesorado galego celebra o Mes da Ciencia en Galego.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora con Bibliotecas para a celebración do Mes da Ciencia nas Bibliotecas e con Igaciencia na organización de webinarios de dinamización científica en galego que este ano estarán centrados no cambio climático.
Desde aquí animámosvos a participar nestas actividades e, como en Aulas Galegas celebramos esta festividade durante todo o ano, na categoría de Ciencias Experimentais de todos os níveis educativos podedes acceder directamente a recursos en galego para a aula de Ciencias.