4 EN LETRAS, un novo xogo de mesa

AG.- 4 EN LETRAS é un xogo de cartas que pon a proba o noso vocabulario e a nosa axilidade mental. Claro que un chisco de sorte tampouco vén mal. Conta con numerosas posibilidades de xogo. Ao seu modo «Básico», únenselle os chamados «Pirámide», «Reacción», «Ordenación», «Formación», «Encadeado» e «Palabra Temática». Todos eles admiten dous estilos de xogo: competitivo e temático. Hai tamén un modo «Solitario» que conta, ademais, con varios niveis de dificultade. E mesmo é posible a competición por equipos. É dicir, as posibilidades son infinitas!

Aínda que foi ideado desde o castelán por Daniel Ortiz Lausin, 4 EN LETRAS permite o xogo, coas mesmas regras, noutras linguas: galego, inglés, francés…

Vexamos, por exemplo, como sería a modalidade de xogo «Básico»:

  1. Repártese 6 cartas do mazo a cada xogador/a.
  2. Deseguido, colócase outra carta boca arriba no centro da mesa. Esta será a letra coa que comezaremos a partida.
  3. O primeiro xogador/a pode empezar a súa quenda colocando unha das súas cartas á esquerda, á dereita, arriba ou abaixo. Logo, colle unha carta do mazo.
  4. É a quenda do seguinte xogador/a que repite o proceso. A extensión máxima da grella que se vai formando é de 7 x 7 cartas.
  5. A partida termina cando un xogador/a coloque unha carta para formar unha palabra correcta de 4 ou máis letras en calquera sentido (horizontal, vertical ou diagonal). gañando así a partida.

Aquí queda un breve titorial do xogo, en castelán.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *