Commençons!!

AG.- Saudiños para todxs!!

Estamos de volta e prendemos motores cunha actividade para traballar o vocabulario da escola, dos utensilios escolares, do mundo das nosas aulas.

Para iso creamos esta actividade en Genially que sempre logra motivar o noso alumnado, “Na escola” ; nela ofrecemos imaxes arrastrables que se deben posicionar co seu carteliño correcto.

A actividade ofrece a posibilidade de comprobar, ao remate de cada pantalla, os nosos acertos coa particularidade de que as palabras acertadas permanecerán co seu debuxo pero a propia actividade volverá ao seu lugar inicial aqueles debuxos que teñamos posicionado cun nome incorrecto. Igualmente dá a posibilidade de reiniciar tanto cada pantalla como todo o paquete de actividades unha vez rematado.

Se premedes na imaxe, a actividade abrirase nunha nova xanela.

Actividade "Na escola"


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *