«Profesdeprimaria», recursos lúdicos para compartir
AG.- No máis cru dos encerros pandémicos, Nuria Barreiro e Jorge López, mestres do Fogar de Santa Margarida da Coruña, abriron a conta de Instagram @profesdeprimaria, co obxectivo de compartiren contidos didácticos e entretidos para o alumnado de Primaria e tamén de Infantil.
Esa necesidade de recursos virtuais na súa práctica docente levounos agora a crear contidos específicos para a súa conta de Instagram. Ao traballaren en áreas moi diversas, pódense atopar recursos para Matemáticas, Lingua Galega, Lingua Castelá, Música, Inglés… E cunha filosofía na que predomina o enfoque práctico e lúdico: «Xogos Memory para o verán», «Recursos para Halloween», «Sudoku musical», «Action dominoes», «Pack para a decoración da aula», «Táboas de multiplicar»…
Para acceder de balde ás súas creacións basta con:
Seguir a conta @profesdeprimaria, dar «Gústame» na publicación ou publicacións do material que interese e comentar o post mencionando tres usuarios/as a elixir.
A idea parece que funciona. A día de hoxe contan con máis de 7100 seguidores. Parabéns!!!