Dinámica de sensores nun campo electrostático

AG.- Moisés López Caeiro, profesor do CPR Santa María do Mar, comparte unha serie de simulacións interactivas de Física e de Matemáticas que serven tanto para facer unha demostración maxistral como para que o alumnado interaccione e manipule as condicións do simulador e así experimentar distintas situacións. Non hai perigo de que se borre ou modifique a versión orixinal. O alumnado poderá facer copias e modificalas na súa propria conta de Desmos.

Nesta simulación poderase experimentar co campo electrostático xerado por N cargas puntuais. Representa o mapa vectorial do campo, cun degradado de cor en función da intensidade e as superficies equipotenciais. Esta nova versión é altamente interactiva e configurable.

Ademais anima dinamicamente o movimento de sensores (cargas de proba) sometidas a este campo electrostático.

Pódese cambiar o número de sensores e alterar a velocidade do tempo cara a adiante ou cara a atrás.

Podes arrastrar as cargas para reconfigurar a distribución e tamén arrastrar os sensores para medir o potencial e o campo electrostático en cada punto. Os datos son reais e tabulados no sistema internacional de unidades, é dicir, pódese configurar cos datos dun problema de electrostática.

Para cambiar o valor das cargas usa o controlador que se activa co botón cargas e, na área lateral esquerda, pódense configurar manualmente as cargas no recado “Cargas nC configuración”:

A_{vfm} Activar Campo vectorial Mapa (0: non 1: si 2: con frechas)

A_{elsh} Activar liñas equipotenciais (0: sen liñas 1: liñas 2: sombreado)

A_{svf} Activar Sensores (0: valor do Potencial 1: vector Campo 2: Liña equipotential do sensor)

A_{q} Activar cargas (0: non 1: si) Agocha o cartafol de cargas para ocultar todo

Q_{scale} Escala (radio) das cargas

A_{form} Activar fórmulas (0: non 1: si)

F_{ontDis} Corpo de letra

A_{bck} Activar fondo escuro (0: non 1: si)

t_{speed} Velocidade do tempo cara a adiante ou cara a atrás. Velocidade do tempo (0: conxelado >0: cara a adiante <0: cara a atrás)

N_{n} Número de partículas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *