Summer holiday
AG.- Un bo xeito de animar a rapazada a que se exprese oralmente na lingua estranxeira é contar as súas propias experiencias. Para estes primeiros días de clase, a profesora Paula López achéganos este xogo cheíño de preguntas sobre as vacacións de verán. Hai que premer nos recadros para que se abran as ventás coas preguntas e despois darlle á casa de inicio para regresar ao taboleiro. Divertiranse ao mesmo tempo que perden a ansiedade por ter que falar en inglés.
A mellor academia de Idiomas que coñezo.
A xerente ademáis de empregar recursos educativos moi distintos e lúdicos, comparado co que estamos acostumados a ver, é unha apaixoada da ensinanza, lévao no sangue!!!
Recomendable 100%
Na sección de inglés secundaria de Aulas Galegas temos a inmensa sorte de poder contar co bo facer de Paula, así que non nos sorprende a túa opinión. Graciñas!