Axenda escolar Aulas Galegas 22_23

TEDES LISTOS OS ALTOFALANTES? IMOS DAR A NOTA! 

Xa que non hai dúas sen tres… aquí está a terceira axenda de AG para o curso 22-23!

E como este ano estamos de festa, que mellor forma que ter a música nos nosos calendarios diarios! Así que á vez que organizamos o noso tempo e traballo, escoitamos os temazos galegos que máis o están petando dende que apareceu AG. Coma sempre dispoñemos de dous formatos, dixital e imprimible, que podemos personalizar e adaptar as nosas necesidades. 

En Aulas Galegas cremos que é fundamental achegar o noso alumnado e a poboación en xeral á produción cultural galega, por iso decidimos que a temática da nosa axenda para este curso escolar sexa a música.  

Este ano contamos coa colaboración especial do profesor Fernando Fernández Rego ao que lle queremos dar as grazas por ter a amabilidade de seleccionar os temas musicais destacados este ano na axenda como exemplo do éxito da nosa música dende que existe Aulas Galegas. 

En Aulas Galegas ofrecémosche  unha axenda  dixital interactiva e personalizable que abrangue dende Infantil ata Bacharelato. Proxectos, titorías, listaxes de cotexo, saídas, calendarios… todo o que precisamos para comezar o curso. Tamén tes a axenda imprimible personalizable por se ti es das persoas que prefire ter un referente de organización en papel. Moi completiña, como podes ver no índice e totalmente de balde e baixo licenza CC!     

Nas ligazóns accederás ás diferentes publicacións con cadanseu material.  

Onde se descargan as axendas e o calendario?

Premendo nestas ligazóns, descargas a: 

 AXENDA DIXITAL   

AXENDA PARA IMPRIMIR en papel.  

Se prefires ter o CALENDARIO  á man, podes decargarlo tamén con só un clic. 

Como funciona a axenda interactiva? 

Esta axenda é un PDF interactivo polo que con calquera lector de PDFs poderías utilizar as ligazóns para moverte dunha pestana a outra.

Se utilizas apps para tomar notas como Goodnotes, Notability, Penultimate ou Notes Writer pódela importar e engadir nela tantas follas de anotacións como desexes.  

Con que aplicacións podes utilizar a axenda interactiva?

Apps para dispositivos Android: Notes Writer, de balde; Noteshelf, de pagamento.

Apps para dispositivos IOS: de balde (Notas e Notes Writer), de pagamento (GoodNotes5 e Notability).

Axenda imprimible 

  • Descarga o documento e antes de imprimir selecciona as páxinas que realmente che interesan.
  • Localiza as páxinas do teu nivel, como verás hai modelos de páxinas que están pensados para determinados niveis, e o resto de páxinas específicas que che interesen (organización de proxectos, etc.).
  • De páxinas como as fichas do alumnado deberás imprimir tantas copias como alumas e alumnos teñas.
  • O mesmo acontece coas páxinas relativas á titoría.
  • Agora xa estás en condicións de comezar a imprimir.
  • Por último encaderna a axenda do xeito que prefiras e tíralle moito partido. 

Esperamos que vos gusten!


3 comentarios en «Axenda escolar Aulas Galegas 22_23»

  • 6 Setembro 2022 ás 15:36
    Ligazón permanente

    Encántame!!! O único problema que vexo, coma en todas, e o pequeno espacio que hai para facer a programación diaria. Debería ser a 2 días por páxina. Moitas grazas polo traballazo.

    Resposta
  • 7 Setembro 2022 ás 20:36
    Ligazón permanente

    OLA,
    – QUE HAXA UNHA AXENDA EN GALEGO XA É DE APLAUDIR.
    – O TEMA DA MÚSICA TAMÉN ESTÁ MOI BEN E É UNIVERSAL.
    – O DESEÑO GÚSTAME MOITO.
    – EU TRABALLO COMO MESTRA DE PT E BOTO EN FALTA ALGO UN POUCO MÁIS ADAPTADO A NOSA ESPECIALIDADE, COMA POR EXEMPLO UNHA PLANTILLA DE SEGUIMENTO DIARIO DO ALUMNADO A NIVEL INDIVIDUAL.
    – DE TODOS OS XEITOS, ENCANTOUME E MOITÍSIMAS GRAZAS POR COMPARTIR. GRAZAS!

    Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *