PAISAXES DE GALICIA
AG.- Proposta da colaboradora Carmen Bello.
As paisaxes que nos rodean espertan en nós sentimentos e emocións. Os/as poetas expresan nos seus poemas estas sensacións.
Son moitos os autores galegos que dedicaron algún poema a paisaxe de Galicia: Rosalía de Castro, Manuel María, Uxío Novoneyra, Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro…
Tamén podes descargar a proposta en Paisaxes de Galicia
Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!
Manuel María