MEMORIAS DUN NENO LABREGO
AG.- Seguimos con propostas de compresión lectora con textos clásicos, desta volta un fragmento do libro Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas.
Este libro trata dun rapaz chamado Balbino. O neno é labrego e ten unha familia moi pobre, pero isto non lle impedirá que lle sucedan moitas
aventuras que plasmará nun caderno. É un neno aventureiro e vergoñento, moi pícaro e valente. Pensa moito no mundo e reflícteo nos
episodios da súa vida como labrego.
Está situado nun tempo en que eran habituais as emigracións dos galegos a América por falta de recursos aquí, nos anos 20, 30 do século XX.
Esta historia sucede nunha pequena aldea de labregos dirixida por un señor rico. A aldea é moi pobre.
Pincha memorias dun neno labrego e descarga a proposta en pdf.
Grazas a Carmen Bello por este novo traballo.