A BOMBA DA FELICIDADE

AG.- Da man de Carmen Bello achegámonos á literatura cun fragmento d’ A Galiña Azul de Carlos Casares.

Con Leoncio os nenos e nenas deixarán voar a imaxinación e construirán a súa bomba para facer felices as persoas.

Só tedes que acceder ao genially e empezar a actividade. Aquí tedes o texto en pdf.

Unha vez que teñan a descrición da súa BOMBA DA FELICIDADE animádeos a construíla con plastilina e a presentar as súas máquinas na clase; podedes montar unha pequena exposición de BOMBAS. Como auténticos deseñadores, deberán presentar as súas máquinas ante os compañeiros e compañeiras, dicir o nome da bomba, para que serve e como funciona.

Gustaríanos moito que nos enviásedes as fotos das vosas bombas da felicidade.

 

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *