Xa está aquí!
AG.- Hai unhas semanas comezou a primavera, un estación revolta, na que podemos ter días de moito sol e calor pero tamén días de choiva. Así imos pouco a pouco deixando atrás o frío ou achegámonos a días mais longos e calorosos.
Mila adaptou con pictogramas unhas actividades da blog “Os contos de Urso”.
Pareceunos unha boa idea que lles contedes aos nenos este magnífico conto e que despois fagades as actividades que vos propoñemos.
“Chega a primavera e todos os animais espertan do seu sono invernal e o bosque énchese de vida. Zorro atopa unha cesta abandonada cun rico biscoito dentro. Ten moitas ganas de comer un anaco, pero antes decide buscar o seu dono e así pedirlle se o poden compartir. Na súa búsqueda crúzase con varios animais que se van sumando ao seu obxectivo. Finalmente, atoparán a dona do biscoito e descubrirán que o seu obxectivo era xustamente o de organizar unha festa de benvida para compartir ese rico biscoito”
Premede na ligazón para descargar o caderno de actividades. Nel podedes atopar actividades de comprensión, lóxica, lectura e escritura e incluso arte. Pasádeo moi ben!