O AIRE

AG.- Lembras o artigo sobre os flipbooks? Aquí tes un sobre o aire.

Acompañamos cun fermoso poema de Florencio Manuel Delgado Gurriarán da súa obra Bebedeira (1934)

COUSAS DO OUTONO

Andan á roda no ceo
os fillos do sol e a choiva;

as árbores xogan ás chapas
cos patacóns das súas follas.
De brétemas alfaiate,
fíxolle o río roupa ao val,
coa tesoura das raiolas
anda o sol por lle a rachar.
Nas amoladeiras nubes
o reuma, bo zapateiro,
afía as súas coitelas

para traballar no inverno.
Fai o balance do verán
a formiga na súa tenda;
coma mociñas sen noivo
danlle ao rabo as lavandeiras.
Garda o tesouro das pingas
en bulsas de ará, o toxo,
pois quere aforrar diñeiro
para pór dentamia de ouro
O serán, que pillou frío

ten un zaluco dos demos,
e por tirarllo, a curuxa,
anda meténdolle medo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *