Campo Electrostático N Cargas Vectorial Cor

Moisés López Caeiro do colexio Santa María do Mar segue compartindo con Aulas Galegas a serie de simulacións interactivas de Física e de Matemáticas que serven tanto para facer unha demostración maxistral como para que o alumnado interaccione e manipule as condicións do simulador e así experimentar distintas situacións. Non hai perigo de que se borre ou modifique a versión orixinal. O alumnado poderá facer copias e modificalas na súa propria conta de Desmos.

Nesta simulación poderase experimentar co campo electrostático xerado por N cargas puntuais. Representa o mapa vectorial do campo, cun degradado de cor en función da intensidade e as superficies equipotenciais. Esta nova versión é altamente interactiva e configurable.

https://www.desmos.com/calculator/m2ms2bmywa


Podes arrastrar as cargas para reconfigurar a distribución. Podes tamén arrastrar os sensores para medir o potencial e o campo electrostático en cada punto. Os datos son reais e tabulados no sistema internacional de unidades, é decir, pódese configurar cos datos dun problema de electrostática.

Podes cambiar o valor das cargas cun controlador que se activa co botón cargas.

Na área lateral esquerda pódense configurar manualmente as cargas no recado “Cargas nC configuración”:

A_{vfm} Activar Campo vectorial Mapa (0: non 1: si 2: con frechas)

A_{elsh} Activar liñas equipotenciais (0: sen liñas 1: liñas 2: sombreado)

A_{svf} Activar Sensores (0: Valor do Potencial 1: Vector Campo 2: Liña equipotential do sensor)

A_{q} Activar cargas (0: non 1: si) Agocha o cartafol de cargas para ocultar todo

Q_{scale} Escala (radio) das cargas

A_{form} Activar fórmulas (0: non 1: si)

F_{ontDis} Corpo de letra

A_{bck} Activar fondo escuro (0: non 1: si)

F_{ontDis} Corpo de letra

A_{bck} Activar fondo escuro (0: non 1: si)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *