Xogando coa tensión superficial
AG.- Nesta xornada traemos outro experimento de David Ballesteros.
Este experimento dános a oportunidade de traballar cos nenos e nenas as táboas de dobre entrada e as gráficas de barras.
A Ficha Alumno para que poidan recoller as súas impresións sobre o experimento.
Para complementar a actividade cos contidos matemáticos, podedes facer o seguinte: facilitar aos cativ@s unha táboa de dobre entrada na que recollan os datos do experimento deles e de todos os compañeiros e compañeiras.
Cada alumn@ realizará tres intentos de depositar gotas de auga nunha moeda dun euro e outros tres intentos de depositar gotas de auga con xabón.
Recollerán o número de gotas na táboa,
A táboa terá 6 filas, 3 para os intentos con auga e outras 3 para os intentos con auga e xabón. Nas columnas o nome dos alumn@s que participan na actividade.
Na táboa rodearán de vermello o maior número de gotas de auga e de verde o valor intermedio de gotas de auga con xabón. (Ou o que vaia mellor)
Con eses datos realizarán unha gráfica de barras.
As imaxes do alumnado son do grupo de 2º de educación primaria do CEIP A LAXE de Marín.