Tendal das recomendacións: Día do Libro 2022

AG.- Para celebrar este día dende o equipo de biblioteca do CEIP Viñagrande-Deiro pensaron nunha actividade na que a rapazada fose a protagonista.

Ocorréuselles unha idea fantástica! Un tendal de recomendacións! E así en vez de poñer contos ou libros da súa biblioteca convidaron aos nenos e nenas a que amosasen o seu libro favorito.

O alumnado de Infantil debuxou, e o de Primaria escribiu un prólogo propio, con debuxo incluído.

Grazas Sandra Atanes por compartilo con nós! Seguro que servirá de inspiración para moitas mestras e mestres.

Que vos parece? A nós encantounos!

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *