Tiro parabólico con vectores
AG.- Moisés López Caeiro continúa perfeccionando unha serie de simulacións interactivas de Física e de Matemáticas que serven tanto para facer unha demostración maxistral como para que o alumnado interaccione e manipule as condicións do simulador e así experimentar distintas situacións. Non hai perigo de que se borre ou modifique a versión orixinal. O alumnado poderá facer copias e modificalas na súa propria conta de Desmos.
Nesta simulación poderase experimentar tanto co tiro horizontal como co tiro parabólico.
https://www.desmos.com/calculator/x84iwssqzs
O simulador permite configurar a velocidade inicial (módulo) e o ángulo de lanzamento (arrastra o punta de frecha de cor vermella).
Verase unha representación en tempo real da traxectoria, con estela e tempos intermedios, o alcance máximo e a altura máxima do lanzamento.
O taboleiro central permite controlar o fluxo do tempo e a densidade de puntos negros co dato do tempo.
Dentro do taboleiro pódese ver o vector de posición e o vector velocidade en cada instante.
Sobre a pelota de baloncesto veremos unha descomposición vectorial do vector velocidade.
Podemos configurar tamén o tamaño da letra e acosar e agachar a traza (estela), indicadores dos eixos e indicadores de alcance e altura máxima.