Dicionario da Ciencia

AG.- O Dicionario da Ciencia,  é un manual de divulgación científica que pretende normalizar o galego neste eido e convertelo nunha ferramenta útil para a expansión do idioma, como lingua idónea e eficaz en todos os campos da comunicación.

Naceu en novembro de 2021 ao abeiro dos Fondos Culturais do Xacobeo para conmemorar a Semana da Ciencia en Galego, e na súa segunda edición incorpora 10 termos máis en forma de breves audiovisuais a modo de videobitácoras sobre termos científicos. Deixámosvos aquí unha das súas entradas, neste caso sobre o arco da vella.

Podedes acceder ao dicionario a través do Portal da Língua Galega ou na lista de reprodución de Youtube.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *